martes, 23 de febrero de 2010

Cronica

O dia 21 de febreiro coma cada domingo o mes fixemos a nosa saída .
Aínda que era o dia do socio parece ser que as rutas de cerca non chaman demasiado a atención dos nosos socios.
O dia espertou claro pero co paso das horas foi enfreando o tempo, e coma non, comezou a chover.
Canto mais subiamos mais aire facía e, a auga e o granizo, parecía que nos atravesaba.
Sobre as 12 do mediodía (vendo que aínda nos quedaba bastante da ruta por facer ) decidimos volver por que o frío era insoportbel .
Cerca das 3 da tarde comezamos a xantar en Casa Franco e comentabamos as penalidades polas que pasamos e decidimos que cara o verán volveriamos a intentar rematar esta ruta .
As 5 cada un para a súa casa desexando que a próxima ruta no Caurel faga mellor tempo.

Angel Rivas